Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Parada
Ata o Tecor Eixil de Cedeira se desprazaron os competidores desta edición do Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Parada, organizado pola Federación Galega de Caza de A Coruña e contando coa colaboración da sociedade de cazadores de dito Tecor.
Nuns terreos moi propicios para a realización desta disciplina cinexética disputábase o pasado sábado 16 de maio a fase provincial de A Coruña de Cans de Parada no que o alto nivel presentado, sobre todo en razas británicas, quedou máis que patente no apertado da clasificación.
En Británicos o primeiro posto era para “Frouma do Fontelo” conducido por Iván López López acadando unha cualificación de 1º EXC. Cun 2º EXC o segundo posto era para “Chico de Torres da Varela” un pointer macho conducido por Carlos Lalín Ferreiroa. O setter inglés “Verdi de Cumbraos” propiedade de René Vale García facíase co terceiro posto da clasificación final cun 3º EXC.
En Continentais resultaba gañador o braco alemán de nome “Aris de Pol de Arriba” conducido por Vicente Cortes Doce.