Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RRCC PONTEVEDRA
Martín Baqueiro sube ao máis alto do podio
17/5/2015

Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza

Ata un total de 54 tiradores chegaban a esta fase provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza, proba en aberto pero clasificatoria para o Campionato Autonómico da especialidade que se disputará no vindeiro mes de xuño en Río Sar.

A Federación Galega de Caza de Pontevedra organizaba este campionato provincial no Campo de Tiro Fronteiriñas grazas á colaboración do Club de Tiro Fronteiriñas e que se disputaba a un total de 100 pratos.

Alto nivel de tiro e alta inscrición foron notas destacadas neste campionato no que se impuxo o tirador Martín Baqueiro Villafines cun total de 93 pratos escachados. O afamado tirador coruñés Antonio Iglesias Otero accedía ao segundo posto do caixón con 92 pratos. E a 1 prato de Iglesias o terceiro posto era para Roberto Rodríguez  Fernández.

En veteranos o gañador era José Carlos Pazó o rematar o seu percorrido cun total de 90 pratos, seguido de José Rodríguez Cameselle e Jaime Vilas Pereira en segunda e terceira posición con 85 pratos.

En superveteranos o gañador da proba era Jos Mara Gonzlez Rodrguez, de Lugo, con 78 pratos. O Campin Provincial era José Iglesias Costas con 60 pratos. O subcampionato recaía en Ángel Vidal Conde con 58 pratos e coa medalla de bronce remataba Miguel Blanco Álvarez.

A selección provincial quedaba composta polos seguintes tiradores: Martín Baqueiro, Roberto Rodríguez, Daniel Domínguez, José Antonio Vasconcellos, Héctor Muíños, José María Dasilva, Antonio Suárez, Cristino Mera, Esteban González, José Ángel Correa, Alberto Abad, José Alvo, José Carlos Álvarez, José Rodríguez, Jaime Vilas, Juan Garrido e José Costas.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA MENOR
30/10/2024
Clasificados para o Autonómico de Caza Menor con Can

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CETRARÍA
29/10/2024
Os mellores cetreiros na Terra Chá

PROVINCIAL PONTEVEDRA CAZA MENOR
29/10/2024
Ramón Carballido con “Mouro” gañador do provincial pontevedrés de caza menor

PROVINCIAL OURENSE CAZA MENOR
28/10/2024
Jose Luis García con “Xesta” gañador do provincial de Ourense desputado en Xinzo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza