Campionato Provincial de Percorridos de Caza en Ourense
No concello de O Irixo se disputaba este Campionato Provincial de Percorridos ao que se inscribían un total de 47 tiradores. Tiradores que se enfrontaron a 100 pratos de complexas traxectorias que fixeron as delicias de tiradores e público que se achegou ao Campo de Tiro Monte do Outeiro. Todo elo baixo a organización da FGC de Ourense e a colaboración da Sociedade de Cazadores de O Irixo.
A dificultade das canchas de tiro quedou patente no resultado final xa que o número de pratos escachados foi inferior ao que ven sendo habitual neste tipo de probas. E entre a dificultade, destacou o tirador pontevedrés Roberto Rodríguez Fernández con 71 pratos escachados facéndose así co primeiro posto da clasificación xeral. A 2 pratos do tirador pontevedrés remataba Ángel Mosquera Cornide chegado de A Coruña. O tamén coruñés Daniel Cebreiro García remataba na terceira posición con 67 pratos esnaquizados. O campión provincial resultaba ser José Antonio Vázquez Rivera con 61 pratos.
Na categoría de Veteranos o primeiro posto era para o coruñés Antonio Castro Ferreiro con 62 pratos, seguido do lucense José Antonio González Yáñez con 57 pratos e o tirador de Taboadela José Luis Saavedra Barcia con 49 pratos derribados, en segunda e terceira posición respectivamente.
En Damas destacar a vitoria da tiradora chegada de A Coruña María das Mercedes Saavedra Suárez con 34 pratos.
En Superveteranos o primeiro posto era para o incombustible Ángel Mosquera Rodríguez con 63 pratos. Con 48 pratos e en segunda posición remataba José María González Rodríguez por diante de Ángel Vidal Conde que con 33 pratos colocábase en terceira posición.
Na categoría de Handisport o primeiro posto era para Artemio Formoso Barro con 64 pratos por diante de Juan José Iglesias Cobas con 26 pratos.