Proba Puntuable para a Copa Galicia da especialidade
O pasado sábado 25 de abril, disputábase na localidade pontevedresa de Pazos de Borbén unha proba puntuable para a Copa Galicia de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril organizado pola Sociedade de Caza de Pazos de Borbén e contando coa colaboración da Federación Galega de Caza de Pontevedra.
Apesares da intensa choiva a que estiveron sometidos os 30 monteiros que se deron cita nesta proba, foi destacable a actuación dos cans e monteiros que foron quen de seguir o rastro do porco bravo baixo unha incesante choiva.
Foi o monteiro José Manuel Barreiro o que coa súa cadela grifón azul de Gascuña de nome “Brisa” o que acadou o primeiro posto con 238 puntos. O can mestizo de nome “Ali” conducido por José Quintela García facíase co segundo posto con 204,5 puntos. O monteiro pontevedrés Salvador Sestelo Núñez co seu can “Clay” remataba en terceira posición con 202,5 puntos.