Campionato Provincial de Pontevedra de Paxariles
O pasado 26 de maio, disputouse en o Grove, a fase provincial de Pontevedra de Paxariles organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra en colaboración coa Sociedade de Silvestrismo de O Grove.
A proba acudiron un total de 130 paxaros repartidos nas diferentes categorías. Actuaron como xuíces Iván Fajardo Cao, Manuel A. Chao Porto, Jesús Fajardo e Juan Pico Pico, sendo o Director da Proba Rafael Prol Caneda.
Na clasificación de Liñaceiro o primeiro posto foi para José Manuel Rodríguez Costas con 15 puntos, seguido de Candido Lago Álvarez con 6 puntos e xa en terceiro posto Diego Novas Martínez con tamén 5 puntos.
En Mixto de Liñaceiro o primeiro e o segundo posto era para José Manuel Rodríguez Costas con 3 e -6 puntos. Completaba o podio Estrella Rodríguez Fernández con -7 puntos.
Na categoría de Xílgaro foi Julio Abraldes Pérez o que obtivo o primeiro posto con 42 puntos, seguido de Germán Alcalde Cebreiro e David Faria Juncal en segunda e terceira posición con 29 e 24 puntos respectivamente.
En Mixto de Xílgaro o primeiro posto recaeu en Félix Romay Rey con 60 puntos. Con 45 puntos o segundo posto foi ocupado por Luis Paz Requeijo. Con 45 puntos Javier Gómez Alcalde acadaba a terceira posición.
Na categoría de Verderolo o participante Cándido Lago Álvarez acadaba o primeiro e o segundo posto con 12 e 10 puntos. O terceiro posto ocupouno con tamén 10 puntos Manuel Otero Martínez.