O pasado 17 de abril celebrábase en Santiago de Compostela a Asemblea Xeral da Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA), organismo do que forma parte a Federación Galega de Caza.
A xuntanza comezaba cunha breve introdución do representante da Federación Galega de Balonmán, na que informaba que unicamente se presentou a candidatura proclamada, contra a que non se produciu ningunha impugnación.
A nova xunta directiva, encabezada por Isidoro Hornillos, Presidente da Federación Galega de Atletismo, conta tamén co Presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, como vogal, entre os seus membros, e dela forma parte unha importante representación do deporte federado galego.
Hornillos expoñía os retos aos que se enfronta UFEDEGA nesta nova andaina, entre os que destacou como un dos máis importantes loitar polo recoñecemento da UFEDEGA na Lei do Deporte de Galicia, así como promocionar a Unión de Federacións Galegas como instrumento de unión e representación do deporte galego.
Como materia pendente deste organismo, queda a presentación ante tódalas institucións e partidos políticos, co fin de alcanzar o recoñecemento necesario para traballar en tódalas frontes posibles en favor do deporte en conxunto.
A Xunta Directiva da UFEDEGA queda composta do seguinte xeito:
Presidente | Isidoro Hornillos Baz | Presidente da Federación Galega de Atletismo |
Vicepresidente | Gustavo Falqué Comesaña | Vicepresidente da Federación Galega de Fútbol |
Tesoureiro | Mario Muzas Cobo | Presidente da Federación Galega de Judo e D.A. |
Secretario | Francisco Villanueva González | Vicepresidente da Federación Galega de P.M. e Triatlón |
Vocal | Victor Manuel Maiztegui León | Presidente da Federación Galega de Aeronáutica |
Vocal | Iván Corral Pérez | Presidente da Federación Galega de Automovilismo |
Vocal | Francisco Martín Micó | Presidente da Federación Galega de Baloncesto |
Vocal | José Luis Pérez Ouro | Presidente da Federación Galega de Balonmán |
Vocal | Javier Nogueira Diz | Presidente da Federación Galega de Caza |
Vocal | Juan Carlos Muñiz Nieto | Presidente da Federación Galega de Ciclismo |
Vocal | Carmen Barro Pita | Presidente da Federación Galega de Kárate e D.A. |
Vocal | Carlos Bremón Pérez | Presidente da Federación Galega de Natación |
Vocal | Alberto Arufe Varela | Presidente da Federación Galega de Orientación |
Vocal | Juan Carlos Eiriz López | Presidente da Federación Galega de Taekwondo |
Vocal | José Angel Luna Bargo | Presidente da Federación Galega de Voleibol |