Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RASTRO XABARIL
Normas de competición de cans de rastro atrelados sobre xabaril 2015
21/4/2015

O pasado venres 13 de marzo tivo lugar unha reunión de reciclaxe de xuíces coa finalidade de unificar criterios de actuación á hora de axuizar probas de rastro (tanto na modalidade de xabaril coma de coello).

A continuación facemos chegar un resumo das conclusións desta xuntanza, para que as teña en conta e adopte cada vez que concorra a unha proba de rastro.

Xuíces de Competicións de Cans de Rastro de Xabaril

  • Nas Competicións de Cans de Rastro de Xabaril e, previo ao inicio da proba, os xuíces realizaran unha breve reunión cos participantes para informalos das normas e criterios polos que se rexerá a proba.
  • O TERREO onde se desenvolva a proba debe reunir unhas condicións mínimas para favorecer o bo desenvolvemento da proba.
  • Lembren que o RASTRO debe marcarse sempre por diante do xabaril, de forma clara e definida para facilitar a labor do xuíz á hora de xulgar. O rastro debe emular o percorrido realizado polo xabaril no seu desprazamento habitual (sinuoso, non rectilíneo), evitando na traxectoria do rastro cambios de sentido bruscos ou solapamentos de rastros, que poidan levar á confusión dos xuíces e participantes.  Non usar pinturas para marcar o rastro, recomendándose que durante a proba se utilice o mesmo tipo de marca nas dúas fases clasificatoria e final. Pódense usar cintas de diversas cores para marcar o rastro.
  • Durante o exercicio das súas funcións deberá absterse de emitir comentarios sobre a actuación dos participantes; calquera valoración relativa aos concursantes, deberá reflectila sempre a través da correspondente folla de puntuación.
  • Salvo razóns excepcionais, trala primeira fase, pasarán á final o mesmo número de cans de cada campo. O número será determinado pola organización antes do inicio do concurso e comunicado a tódolos asistentes antes do inicio da proba.

IMPORTANTE

  • CORTE DO RASTRO EN PERPENDICULAR, o xuíz acompañará ao monteiro para realizar o corte co can cunha trela de 6 metros (e cunha marca visible aos 4 metros). O can fará a entrada ao corte coa trela sen tensar polo monteiro, para asegurarse de que é o can o que fai o corte sen a axuda do monteiro.
  • Todos os participantes competirán coa trela proporcionada pola organización.
  • RESOLUCIÓN NAS FALTAS, recórdase que se debe dar un radio de acción ao can para a resolución da falta, penalizando ao monteiro no apartado de Traballo e Estilo cando force este á resolución da mesma.
  • VELOCIDADE AXEITADA Á TRAILLA, cámbiase, na Ficha de puntuación, por Velocidade, eliminándose "axeitada á trela", conforme ao regulamento.
  • FIXACIÓN NO RASTRO, o xuíz deberá mandar fixar sempre que o can estea sobre o rastro.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza