Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
AGILITY
Terceira e cuarta proba da Liga Autonómica de Agility en Sada
20/4/2015

A fin de semana do 18 e 19 de abril tivo lugar en Sada (A Coruña) a 3ª e 4ª proba da Liga Autonómica de Agility da Federación Galega de Agility. A proba organizouna o clube de Agility Coruña e nela participaron 40 cans o sábado e 43 o domingo,  cos seguintes resultados:

Sábado

En grao 1, categoría estándar quedou en primeiro lugar Roberto Maio con Gala, en segundo lugar Mara Ríos con Jack e en terceiro María Oreiro con Xala, todos eles de Agility Coruña.  En categoría midi-mini o gañador foi José Manuel con Chispa de Agility Coruña, o segundo foi Rosa Méndez con Simba, de Agility Compostela e o terceiro Manuel Dopico con Milo do club Lobos de Naraío.

En grao 2, categoría estándar o gañador foi María Oreiro con Yack de Agility Coruña, a segunda foi Silvia López con Cata, de Agility Compostela e o terceiro Julio Freire con Chika, do club Patas. En categoría midi-mini gañou Julio Freire con Peka, do club Patas, en segundo lugar quedou Sergio Sánchez con Dalí, de Agility Ourense e en terceiro lugar Alba Alonso con Misha de Agility Compostela.

Domingo

En grao 1, categoría estándar quedou en primeiro lugar Roberto Maio con Gala e en segundo lugar  Juan Carlos Vázquez con Ringo ambos de Agility Coruña. En terceiro lugar quedou Ina Wunschmann con Foxy do club Lobos de Naraío. En categoría midi-mini a gañadora foi Silvia Núñez con Nano, de Agility Compostela, o segundo foi José Manuel Montero con Chispa e o terceiro Marco Álvarez con Lola, ambos de Agility Coruña.

En grao 2, categoría estándar o gañador foi Jorge Vázquez con Modia de Agility Compostela, en segundo lugar quedou Jorge Ramos con  Daxa, de Agility Coruña e en terceiro lugar quedou Silvia López con Cata, de Agility Compostela. En categoría midi-mini gañou Julio Freire con Peka, de Agility Patas, en segundo lugar quedou Antonio Pereiro con Coco, de Teocan e en terceiro lugar Alba Alonso con Misha de Agility Compostela.

Os xuíces de grao 1 foron María Gutierrez e Julio Freire. En grao 2 xulgaron Carlos Souto e Bruno Otero.

Ao rematar a proba oficial, o club organizou unha proba de grao 0, na que participaron uns 30 cans cans que están empezando a facer Agility ou que aínda non teñen a idade regulamentaria para competir en probas oficiais.

Grado I
Grado II Mini/Midi
Grado II Standard

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA MENOR
30/10/2024
Clasificados para o Autonómico de Caza Menor con Can

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CETRARÍA
29/10/2024
Os mellores cetreiros na Terra Chá

PROVINCIAL PONTEVEDRA CAZA MENOR
29/10/2024
Ramón Carballido con “Mouro” gañador do provincial pontevedrés de caza menor


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza