Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ARCO
Os mellores arqueiros pontevedreses competiron en Mondariz
15/4/2015

Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza con Arco

O pasado domingo 12 de abril disputouse o Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza con Arco organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración do Clube Cazarco e a Sociedade de Caza A Mondarizana.

Ata un total de 23 arqueiros e arqueiras se deron cita no concello pontevedrés de Mondariz para participar nesta sexta edición da fase provincial de Percorridos de Caza con Arco. Un campionato xuzgado por Jorge Figueroa Miguez e José Ángel Veiga Martínez.

Na modalidade de arco asistido o campión foi Jaime Villaverde Balado con 286 puntos seguido de Pedro Martínez Ángel en segunda posición con 223 puntos. Ángel Villaverde Balado situábase no terceiro caixón con 205 puntos.

En arco tradicional o campión era o arqueiro José Ramón Castro con 194 puntos. O subcampionato recaía en Frank Ransdale con 119 puntos. Con 85 puntos o terceiro posto era para Francisco Javier Lesende Sieiro.

En damas asistido a campioa era Dolores Bugarín con 222 puntos seguida de Iratxe Guillen e Mª Carmén Novoa con 172 e 85 puntos en segunda e terceira posición respectivamente.

En Long Bow o campión era Juan Bandeira con un total de 110 puntos. Con 89 puntos, o subcampionato era para Lee Ransdale e con 64 puntos Benigno Ruiz acadaba o terceiro posto.

Na categoría junior o campión era Marcos Gómez Dacosta con 240 puntos namentres que en cadetes o primeiro posto era para Rebeca Villaverde Bugarín con 89 puntos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
14/04/2025
Manuel Piñeiro con “Zidane” gañador en Ferrolterra

PROVINCIAL CORUÑA PERCORRIDOS CAZA
07/04/2025
Antonio Iglesias proclamouse campión provincial de percorridos de caza

XABARIL KARSITA
07/04/2025
O monteiro Francisco Rodeiro acada o primeiro posto con “Pistolas” en Vilagarcía

XABARIL SALVAXE CODESEDA
01/04/2025
Rubén Gómez con “Sil” campións en Codeseda


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza