Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
NO HOTEL CONGRESO
Péchase a Asemblea Xeral 2015 con excelente asistencia e plena unanimidade
13/4/2015

O órgano de representación máis importante da Federación Galega de Caza, a Asemblea Xeral, reuníase este pasado sábado 11 de abril na súa xuntanza ordinaria para este 2015.

O Hotel Congreso, situado moi preto do casco urbano de Santiago de Compostela, acollía esta congregación de representantes do colectivo de cazadores federados, onde se xuntaba preto de medio centenar de persoas para repasar os asuntos federativos máis importantes do ano.

Con máis dunha decena de puntos na orde do día, a xornada comezaba arredor das 11.00h da mañá, cun profundo repaso á xestión económica no pasado exercicio, na que o Presidente destacaba a boa saúde da FGC neste apartado.

Neste mesmo senso seguíalle a proposta de novos prezos para as licenzas federativas e documentos únicos, así como os orzamentos para o presente ano. A Asemblea aprobaba por unanimidade tódolos puntos correspondentes ao elemento puramente económico da Federación, logo das pertinentes aclaracións que o Presidente facía das dúbidas dos asembleístas.

O repaso á memoria da actividade do 2014 salientaba o liderazgo da Federación Galega de Caza en canto á proporción de federados por cazador, e tamén ao de federados que contratan seguro coa FGC, a máis alta de España, e a máis de 30 puntos da media nacional. A Asemblea tamén aprobaba este punto por unanimidade.

De seguido comezaba o apartado de competicións, no que se incluían diversos puntos, como a aprobación de varias modificacións nos regulamentos das modalidades de Rastro de Coello, Caza Menor, Arceas, Percorridos de Caza con Arco e  Caza San Huberto, a aprobación da normativa e do calendario de competicións para 2015 e mesmo a creación da disciplina deportiva de Field Target. Tralas pertinentes aclaracións e suxerencias en diversas cuestións, os asembleístas aprobaban tamén con unanimidade tódolos puntos do apartado competitivo.

A continuación sucedíanse varios nomeamentos necesarios ante o comezo dunha nova lexislatura federativa, como o dos membros Comité de Disciplina Deportiva (xuíz único e comité de apelación) ou o do Comité de Xuíces e Árbitros. Tamén concorría nesta ocasión o nomeamento dos representantes da FGC na Xunta de Homologación de Trofeos de Galicia, do cal a FGC informaba á Asemblea. En tódolos casos, as propostas da Federación eran aprobadas polos membros da Asemblea.

Un dos últimos puntos da xornada eran os informes de Presidencia. Neste espazo, o Presidente da FGC, Javier Nogueira, repasaba os asuntos máis importantes que tiña sobre a mesa, como os diversos frontes abertos que ten a Federación a nivel xurídico, a xuntanza que ven de manter coa Conselleira de Medio Ambiente, o Comité Galego de Caza, ou as entrevistas previstas entre outros co Delegado do Goberno ou coa Directora Xeral de Turismo.

A derradeira sección da xuntanza ocupábana os rogos e preguntas, onde moitos dos asembleístas expuxeron as súas dúbidas, queixas e suxerencias en diversos temas, dende o puramente cinexético, pasando polas competicións ou apartados de xestión de sociedades. Todos eles foron respondidos ou recollidos segundo o caso para ser tratados e analizados polos órganos de xestión e decisión da FGC.

Finalmente, arredor das 14.30h do mediodía daba por finalizada esta Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Caza, marcada pola notable asistencia, a interactividade dos asistentes e o bo entendemento entre tódolos membros.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

ASEMBLEA XERAL - CURSOS FORMACIÓN
02/12/2024
Unanimidade nos acordos da Asemblea Xeral e entrega dos Diplomas dos Cursos de Formación

MUTUASPORT - ARTEMISAN - RFEC
29/11/2024
Os cazadores federados invirten na defensa da caza e conservación das aves migratorias

AFECTADOS DANA
11/11/2024
Os cazadores españois doan 24.000€ aos afectados pola DANA

PROXECTO ARCEA
21/10/2024
Gran aportación dos cazadores galegos para o censo das arceas


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza