A caza, e concretamente a arcea, tiveron protagonismo o pasado xoves nos fogóns do programa que emite cada semana a Televisión de Galicia, “Sopa de Festa”
Este programa, producido por Ficción Producciones para a TVG, ten como obxectivo de ser unha guía imprescindible para seguir a gastronomía galega. En cada programa, un equipo de reporteiros desprázase ata algún recuncho de Galicia para repasar os produtos gastronómicos máis importantes da nosa terra: patacas, queixos, mariscos, viños, pementos ou mesmo o mel, son algúns dos que xa repasaron.
Mais nesta ocasión foi a carne de caza, e concretamente a da arcea, a que cobrou protagonismo. O equipo de “Sopa de Festa” achegouse ata o Campionato Provincial da Coruña de Caza de Arceas celebrado a pasada fin de semana para ver de preto cómo se caza esta ave, denominada “A Raíña do Bosque”, coa inmellorable colaboración dos mellores competidores da provincia na caza desta especie.
E unha vez capturada, por suposto tamén somos testemuñas de cómo se cociña a arcea, grazas a un chef que nos amosa unha receita para gozar desta carne de caza.
Pode visualizalo na seguinte ligazón: www.crtvg.es/tvg/a-carta/tempo-de-caza