O pasado 27 de decembro concluía o proceso electoral na Federación Galega de Caza, logo da proclamación da candidatura de Javier Nogueira Diz, completando así un proceso que alongou durante preto de tres meses.
Tralo respaldo unánime acadado polos membros electos da asemblea, a de Javier Nogueira foi a única candidatura presentada á Presidencia da Federación, o que pon de relevo a solidez que representa o proxecto de Nogueira para esta a súa segunda andanza como máximo responsable da Federación Galega de Caza, así como a confianza que o colectivo federativo ten depositada no de Moscoso.
Así pois o 5 de xaneiro era cando tiña lugar o traspaso de poderes entre José Luis Valcárcel, quen tomou o papel de Presidente da Comisión Xestora, e Javier Nogueira. Xa no día de onte, Nogueira nomeaba ao seu novo equipo directivo, onde hai caras novas e caras coñecidas respecto ao último, quedando formado do xeito seguinte:
VICEPRESIDENTE: | DON JOSÉ LUIS VALCÁRCEL YÁÑEZ |
DELEGADOS PROVINCIAIS: | |
Presidente Provincial A Coruña: | DON MANUEL SAA CASARIEGO |
Presidente Provincial Lugo: | DON FRANCISCO LÓPEZ PENELA |
Presidente Provincial Ourense: | DON ANTONIO GARCÍA REINOSO |
Presidente Provincial Pontevedra: | DON FRANCISCO COUSELO CASTIÑEIRA |
SECRETARIO XERAL: | DON RAMÓN RODRÍGUEZ COBAS |
TESOUREIRO: | DON ABEL ANDRÉS OTERO |
VOGAIS: | DON JUAN ANGEL ALONSO PÉREZ |
DON MANUEL FEIJOO CASTRO | |
DON JOSÉ MANUEL VIDAL LAMELA | |
DON JOSÉ MARÍA ÁLVAREZ VILLAR | |
DON EMILIO BOLAÑO PAMPÍN |
Coma sempre a Xunta Executiva queda formada polo Presidente, o Secretario e o Tesoureiro da Federación, mais Nogueira afirmou que novamente os Presidentes Provinciais terán un papel protagonista nas xuntanzas e decisións deste órgano.
O novo equipo directivo reunirase por primeira vez de xeito inminente nas vindeiras semanas, xa que é primordial organizar a vindeira asemblea xeral, onde entre outros temas se decidirán os órganos técnicos da Federación, que completarán así a estrutura federativa para os vindeiros catro anos.