Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Raposo
O pasado sábado 10 de xaneiro disputouse unha edición máis do Campionato Provincial de Caza de Raposo de A Coruña organizado pola Federación Galega de Caza en Coruña e contando coa colaboración das Sociedades de Caza de San Martín, Cinexética Boimorto, Coto do Barro, Mesía, San Xulián de Grixalva, A Xuntanza e San Antonio de Vilasantar.
A alta participación, ata un total de 47 equipos, e a densidade de raposos avistados, mais de 50, foron os ingredientes desta edición do campionato provincial de Caza de Raposo de A Coruña converténdose nunha extraordinaria xornada cinexética.
Foi o equipo “Os Goyas” o que conseguiu acadar o primeiro posto da clasificación xeral ao abater 3 raposos que lle aportaron 1.500 puntos, converténdose deste xeito no novo Campión Provincial da especialidade. O segundo clasificado foi o equipo “Os Intocables”, que abateu tamén 3 raposos acadando 1.500 puntos. Con 1.000 puntos remataba en terceira posición o equipo “Os Cazafellos”.
A estes 3 primeiros equipos clasificados engádeselles o equipo “O Farelo”, conformando a representación da provincia de A Coruña na vindeira edición do campionato autonómico da especialidade.