Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RAPOSO LUGO
“Parrillada Antonio” foron os campións
12/1/2015

Campionato Provincial de Lugo de Caza de Raposo

O pasado sábado 10 de xaneiro disputouse o Campionato Provincial de Caza de Raposo de Lugo organizado pola Federación Galega de Caza en Lugo e contando coa colaboración das Sociedades de Cazadores de As Louseiras e Picato Pedroso.

Á proba acudiron un total de 25 equipos e, sen lugar a dúbidas, foi unha xornada cinexética extraordinaria, onde a abundancia de raposos e o bo tempo foi a nota predominante, facendo que os equipos gozasen da caza en plenitude.

Foi o equipo “Parrillada Antonio” o que conseguiu acadar o primeiro posto da clasificación xeral ao acadar un total de 1.500 puntos converténdose deste xeito no novo Campión Provincial da especialidade. O segundo clasificado, foi o equipo “Os Rápidos A”, con 1.500 puntos. “Aparta que ahí vamos” subiron o terceiro posto da clasificación final con 1.000 puntos.

Estes 3 primeiros equipos clasificados xunto con "Casa Alejandro" que rematou cuarto, conformarán a representación da provincia de Lugo na vindeira edición do campionato autonómico da especialidade.

 

GALERIA DE FOTOS:

Campionato Provincial de Lugo de Caza de Raposo 2015
 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

AUTONÓMICO FIELD TARGET
15/07/2024
Os mellores tiradores de Field Target desputaron o Autonómico en As Pontes

PROBA COPA GALICIA RASTRO XABARIL
10/07/2024
Julio Ferradás con “Copi” gañadores en A Lama

SAN HUBERTO MANUEL REBORDELO
10/07/2024
Edelmiro Leira con “Nilo” gañadores nas Pontes

CAMPIONATO ESPAÑA RASTRO XABARIL
01/07/2024
Antonio Sánchez con “Chico” campións de España de Rastro de Xabaril


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza