Campionato Provincial de Lugo de Caza Menor con Can
O pasado sábado 25 de outubro disputouse nos terreos do Tecor da Terra Cha o Campionato Provincial de Lugo de Caza Menor con Can organizado pola Federación Galega de Caza de Lugo en colaboración coa Sociedade de Cazadores de dito Tecor.
Os diferentes cazadores chegados dende varios puntos da provincia lucense gozaron dunha boa xornada cinexética neste Tecor e contando cunha boa climatoloxía que os acompañou durante todo o campionato.
Foi o cazador Jaime González Yáñez o que acadaba o título de Campión Provincial con 750 puntos. En segunda posición remataba Antonio González Álvarez con tamén 700 puntos. Jesús Blanco Paredes tíñase que conformar coa terceira posición deste campionato acadando 600 puntos.
A estes tres cazadores acompañaranos Francisco Javier López Salvador e Rogelio Gómez Rodríguez, conformando deste xeito o equipo lucense que representará a esta provincia no vindeiro Campionato Galego da especialidade que se desputará o próximo día 8 de novembro.