A Federación Galega de Caza, a proposta de diversas sociedades da provincia de Pontevedra, ven de poñer en marcha unha campaña de recollida de datos de accidentes producidos por especies de caza maior, a través dun formulario que estará disposición de tódolos Tecores de Galicia.
O obxecto deste formulario é poder recadar información importante sobre os puntos das nosas estradas onde teñen lugar máis sinistros de tráfico, as horas e o tipo de especie para transmitirllo ás autoridades competentes en materia de tráfico, e así colaborar con elas para poder mitigar os sinistros mediante a sinalización correcta dos puntos conflitivos, instalacións de pasos para fauna, e ó mesmo tempo poder introducir outros métodos de carácter disuasorio.
O formulario pódese descargar nesta mesma páxina web e, unha vez cumprimentado, débese facer chegar a calquera das oficinas da Federación Galega de Caza, que recompilará os datos e farallos chegar ás autoridades competentes.