VI Copa de Campións do Clube dos Amigos dos Cans de Caza
O pasado 11 de outubro tivo lugar nos montes do Tecor “O Horreo” de Carnota, a VI Copa de Campións organizada polo Clube dos Amigos dos Cans de Caza.
A esta proba asistiron o campión da edición anterior, os campións das probas da Copa Galicia da modalidade, os campións provinciais máis o actual campión galego.
A intensa choiva durante o trascurso da proba non foi impedimento para que tódolos lotes levantaran coellos, véndose presentacións moi boas.
Finalizada a proba resultou gañador o lote de beagles: “Gus”, “Ino”, “Rottweiler” y “Nasao” de José Pais Serrano, que obtivo unha puntuación de 582 puntos. En segundo lugar, situáronse os beagles de Marcelo Arosa Dasilva con “Mika”, “Lar”, “Lira” e “Usa”, que conseguiron 513 puntos. O terceiro posto foi para os beagles de Juan Carlos Casas Cambon con “Tula”, “Sam”, “Era” e “Eros” con 486 puntos.
O premio ao mellor can foi para o beagle “Nasao” de José Pais Serrano, que obtivo 152 puntos.