Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
AGILITY
A Estrada acolleu a primeira proba da Liga Autonómica
25/9/2014

Os días 20 e 21 de setembro deu comezo a Liga Autonómica de Agility da Federación Galega de Caza. A primeira proba desta competición, organizada polo club Agility Compostela, tivo lugar en Guimarei (A Estrada) e estaba incluída dentro do programa de actividades culturais organizadas ao longo das súas festas patronais.

O sábado participaron na proba 30 cans e o domingo 32 pertencentes a diferentes clubs de Galicia, concretamente a Agility Coruña, Agility Compostela, Teocan, Wican, Agility Patas e Lobos de Naraío.

Os gañadores de cada día nas súas correspondentes categorías foron os seguintes:

O sábado, en grao 1, categoría estándar o primeiro posto foi para Ringo de Juan Carlos Vázquez (Agility Coruña), o segundo para Jack de Mara Ríos (Agility Coruña) e o terceiro para Pi, de Fran Sobral (Agility Patas). En categoría midi-mini, o primeiro posto foi para Mika de Silvia Doce (Agility Coruña) e o segundo para Dober de Carla Buela (Teocan). En grao 2, categoría estándar, o primeiro posto foi para Moira de Alba Alonso (Agility Compostela), o segundo para Bobi, de Rosa Méndez (Agility Compostela) e o terceiro para Lúa, de Serafín López (Teocan). En midi-mini, gañou Misha-Misha de Alba Alonso (Agility Compostela). O segundo e terceiro postos quedaron desertos por eliminarse nas dúas mangas todos os outros cans participantes. En grao 3, categoría estándar, en primeiro lugar quedou Cata, de Silvia López (Agility Compostela), en segundo lugar Yack, de María Oreiro (Agility Coruña) e en terceiro Dux, de Fran Sobral (Agility Patas). En midi-mini, o primeiro foi para Hachi, de Carlos Souto (Teocan), o segundo para Coco, de Toni Pereira (Teocan) e o terceiro para Peka, de Julio Freire (Agility Patas).

O domingo, en grao 1, categoría estándar o primeiro posto foi para Pi, de Fran Sobral (Patas). O segundo e terceiro postos quedaron desertos. En midi-mini, o primeiro posto foi para Mika de Silvia Doce, o segundo para Lola, de Marco Álvarez e o terceiro para Rudy, de Leticia Lamas, todos eles de Agility Coruña. En grao 2, o primeiro foi Bobi de Rosa Méndez (Agility Compostela), o segundo Nala, de Paula Ochoa (Teocan) e o terceiro para Moira, de Alba Alonso (Agility Compostela). En midi-mini o primeiro foi Dali de Sergio Sánchez (Agility Patas), en segundo lugar quedou Fiona, de Adrián Choren (Teocan) e en terceiro Misha-Misha de Alba Alonso (Agility Compostela). En grao 3, categoría estándar en primeiro lugar quedou Pepa de Fernando Estevez (Agility Compostela), en segundo lugar Dux, de Fran Sobral (Agility Patas) e en terceiro Modia, de Jorge Vázquez (Agility Compostela). En midi-mini, o gañador foi Hachi, de Carlos Souto (Teocan) e o segundo Romi, de Violeta Pereira (Agility Patas).

Os xuíces das probas foron Jorge Ramos, que xulgou o grao 1 o sábado, Adrián Chorén, que xulgou o grao 1 o domingo e por último, Bruno Otero que xulgou grao 2 e grao 3 os dous días.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA MENOR
30/10/2024
Clasificados para o Autonómico de Caza Menor con Can

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CETRARÍA
29/10/2024
Os mellores cetreiros na Terra Chá

PROVINCIAL PONTEVEDRA CAZA MENOR
29/10/2024
Ramón Carballido con “Mouro” gañador do provincial pontevedrés de caza menor


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza