Asemblea Xeral Extraordinaria
O pasado venres 19 de setembro, tiña lugar ás 19:00 horas en segunda convocatoria a Asemblea Xeral Extraordinaria no Salón de Actos da Secretaría Xeral para o Deporte, sito no estudio Multiusos de San Lázaro en Santiago de Compostela.
Dita asemblea tiña como Orde do Día a aprobación da convocatoria de eleccións á Asemblea Xeral, Presidente e Comisión Delegada en primeiro punto así como a aprobación do Regulamento Electoral e do Calendario Electoral. Ditos puntos foron aprobados por unanimidade e dito Regulamento Electoral foi remitido a Secretaria Xeral para o Deporte para a súa aprobación, se procede.
Como derradeiro punto da Orde do Día tivo lugar a elección da Xunta Electoral Galega.
Ao remate da Asemblea o presidente da FGC Javier Nogueira Diz aproveitou a ocasión para agradecer a tódolos Asembleístas así como a Xunta Directiva e Comisión Delegada todo o apoio mostrado durante estes catro anos de mandato e instou os presentes a seguir traballando en pro da caza e dos cazadores galegos, independentemente de quen resulte elixido para dirixila Federación Galega de Caza nos vindeiros anos.