Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Rastro sobre Coello
O pasado sábado 20 de setembro disputouse unha edición máis do Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Rastro sobre Coello no Tecor Urogallo de Ferrol, organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración con dita Sociedade de Cazadores.
Na proba participaron un total de 19 lotes que foron xulgados polos xuíces Ramón Bertoa Suárez, José Moure Caneda, Jesús Blanco García e José Antonio Montoiro González.
Foi o lote propiedade de José Pais Serrano e composto polos cans de nomes “Gus, Masao, Rut e Inu”, os que se adxudicaron esta fase provincial con un total de 598 puntos. Carlos Casas Cambón obtido o subcampionato cos cas “Eros, Era, Tula e Sanz” cun total de 550 puntos e o terceiro posto era para Luis Miguel Veiga Vázquez con “Cora, Usa, Nica e Nani” e 539 puntos.
A can de nome “Gus” propiedade do campión José Pais Serrano foi nomeado como Mellor Can da proba con 163 puntos.
Estes tres primeiros lotes clasificados representarán á provincia de A Coruña no vindeiro Campionato Galego da especialidade que se disputará este vindeiro sábado no concello de A Baña.