Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GALEGO ARCO
Os mellores arqueiros galegos déronse cita en Bens e Laracha
28/7/2014

XV Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco e Caza con Arco o Voo

María Luisa Rodríguez en Damas, Jaime Villaverde en Asistido e Oscar Novás en Tradicional son os novos Campións Galegos de Percorridos de Caza con Arco; A parella formada por Oscar Novás e Pablo Martínez proclamáronse Campións Galegos de Caza con Arco o Voo.

Na xornada de onte domingo 27 de xullo desputábase a decimoquinta edición do Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco e Caza con Arco o Voo que xuntaba a un total de 40 arqueiros chegados de diferentes latitudes da xeografía galega. Este campionato autonómico estivo organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa inestimable colaboración do Clube Arco Hércules.

Percorridos de Caza

Nos montes coruñeses de Bens, dábanse cita dende primeira hora da mañan un total de 40 arqueiros que participaban e se enfrontaban ás diferentes propostas magníficamente elaboradas para este autonómico e que puxeron en serios apretos a pericia dos mellores arqueiros da nosa comunidade.

Destacar as altas temperaturas que supuxeron un handicap engadido a estes arqueiros e arqueiras que demostraron a súa puntería sobre siluetas 3D fixas e móviles así como un imprescindible coñecemento sobre a bioloxía das diferentes especies, lexislación de caza, etc.

Unha vez rematada a proba e sumados os puntos dos diferentes campionatos provinciais deuse a coñecer a clasificación final deste Campionato Galego resultando como segue a continuación.

En Arco Asistido o Campión Galego era, unha vez mais, Jaime Villaverde Balado. O segundo posto era para Ángel Villaverde Balado namentras que a medalla de bronce era para Eloy Álvarez.

Na categoría de Arco Tradicional o primeiro posto do Campionato Galego era novamente para Oscar Novás Seijas, seguido de Abel López Leparín e Pablo Martínez Regueira en segunda e terceira posición respectivamente.

En Damas Asistido a campiona era María Luisa Rodríguez. A medalla de plata era para Dolores Bugarín e o podio compretabao Iratxe Guillén.

En Damas Tradicional Inmaculada Santamarta era a campiona seguida de Sonia Maria Riveiro en segunda posición.

Sergio Sobral era o campión na categoría Junior e Marcos Gómez o segunda clasificado. Rebeca Villaverde e Laura Novas eran as dúas primeiras clasificadas, respectivamente, na categoría de Infantil.

Caza con Arco o Voo

Xa no serán de onte domingo 27 de julio, os arqueiros apaixoados da caza con arco o voo desplazábanse ata os montes de Laracha para participar nesta fase autonómica do Campionato de Caza con Arco o Voo.

As 5 parellas inscritas tentaron derribar, coas inestimable axuda dos seus cans,  o maior número de paspallases sementados previamente pola organización e así obter o título autonómico.

Foi a parella de arqueiros composta por Oscar Novás e Pablo Martínez os que coa axuda do seu can de nome “Pi” os que se convertían nos novos campións galegos da especialidade.

A parella de Jaime Villaverde e Ángel Villaverde acompañados de “Pol” tivéronse que conformar co segundo posto. A medalla de bronce era para o equipo composto por Juan Bandeira e Benigno Ruíz co seu can de nome “Pluma”

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA ARCEA
23/12/2024
Iván Ramos coa setter “Sira” acada o título autonómico de caza de arceas

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza