XV Copa Galicia de Cans de Parada
Na xornada de onte 20 de xullo, desputábase unha proba máis da Copa Galicia de Cans de Parada na que, a postre, se coñecía os campións galegos e a selección galega deste ano 2014.
Foi Mazaricos, concello coruñés, o esceario desta XV Copa Galicia organizada pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores O Halcón.
Unha alta participación, un bo ambente e unha climatoloxía idónea para o desenrolo deste tipo de probas foron os ingredintes desta XV Copa Galicia de Cans de Parada.
Ao remate de dita proba, foi o setter inglés macho de nome “Inferno do Fontelo” propiedade de Carlos Lalín Ferreiroa o que acadaba o primeiro posto da proba na categoría de Británicos cunha calificación de 1º EXC. Repetía Carlos Lalín Ferreiroa no segundo posto con “Alba de Torres da Varela” cun 2º EXC. “Easy de Capagut”, pointer femia, de Roberto Dopico Dopico remataba na terceira posición con 3º MOI BO.
En Continentais “Bat” spaniel bretón propiedade de Belisario Bertoa Suárez era o campión da proba cunha calificación de 1º MOI BO. O braco alemán de nome “Aris de Poldarriba” propiedade de José Vicente Cortes era o segundo clasificado cunha calificación de 2º BO.
Coa suma dos puntos acadados nas diferentes probas deuse a coñecer os Campións Galegos de Cans de Parada deste ano 2014 e a selección galega que representará a Galicia no vindeiro campionato nacional. Resultando como segue a continuación:
Na categoría de Británicos o primeiro posto e polo tanto campión galego foi para o pointer femia de nome “Alba de Torres de Varela” propiedade de Carlos Lalín Ferreiroa cun total de 30 puntos. Repetía en segunda posición Carlos Lalín coa pointer femia “Agra de Torres da Varela” con 28 puntos. “Frouma do Fontelo”, setter inglés femia, propiedade de Iván López López foi o terceiro clasificado con 22 puntos.
En Continentais o título autonómico era para o braco alemán “Aris de Poldarriba” de José Vicente Cortes Doce cun total de 24 puntos. Repetía en segunda posición Vicente Cortes co tamén braco alemán “Denon de Mirandaola” con 18 puntos. Con 13 puntos compretaba o podio Andrés Pena Vázquez co grifon korthals de nome “Piti”.