Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
SAN HUBERTO
Edelmiro Leira, Ana Isabel Arbiol e Víctor Manuel Villar son os novos campións galegos de Caza San Huberto
22/7/2014

XVII Campionato Galego de Caza San Huberto

A localidade coruñesa de Mazaricos converteuse o pasado sábado 19 de xuño no punto neurálxico dos mellores cazadores galegos da modalidade cinexética de Caza San Huberto. Chegaba a decimosétima edición do Campionato Galego de Caza San Huberto organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración da Sociedade de Caza O Halcón.

Apesares de que a intensa choiva da maña puxo en serio perigo a suspensión deste autonómico, os diferentes cazadores clasificados nas súas respectivas fases provinciais poideron desputar o Campionato Galego de Caza San Huberto.

Foi o cazador Edelmiro Leira Pérez o que acadaba o título de Campión Galego na categoría masculina gracias ao traballo conxunto co seu can setter inglés de nome “Verdi de Cumbraos” obtendo un total de 69 puntos.  O subcampionato recaía nas mans de Carlos Lalín Ferreiroa coa pointer  “Alba de Torres da Varela” é unha puntuación total de 62 puntos. Con 57 puntos a medalla de bronce era para Roberto Dopico Dopico co pointer “Easy de Capagut”.

En damas Ana Isabel Arbiol Ledesma co setter inglés “Breco de Reina Dama” facíase co campionato galego. Nicolasa González Carrodeguas co pointer “Río dos Aluches” e Sandra Rodríguez Rego co setter inglés “Don das Fontiñas” obtiñan o segundo e terceiro posto respectivamente.

Na modalidade de springers o Campión Galego era Víctor Manuel Villar Fernández con “Andromeda Estrela de Tebra”. Saturnino Pereira Vidal era o segundo clasificado con “Heka Estrella de Tebra” namentras que Eloy Rodríguez Martínez tíñase que conformar co terceiro posto con “Uncle Sam de los Tres Robles”.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza