Curso de Xuíces para Probas de Rastro nas modalidades de Coello e Xabaril impartidos pola FGC
Unha das actividades coas que participou a Federación Galega de Caza na I Feira de Caza, Pesca e Natureza (FECAP) celebrada no pasado mes de xuño en Silleda foi o Curso para Xuíces de Rastro nas modalidades de Coello e Xabaril.
Nesa xornada os máis de 30 aspirantes a xuíces obtiveron os coñecementos teóricos sobre toda o relativo a estas probas de rastro así como os regulamentos, confección das probas, métodos de enxuízamento, etc. Dita información foi impartida polos xuíces Roberto Carlos Costa Tellado e José Moure Caneda.
O pasado 5 de xullo, nas instalación de Canil Soñar, situadas moi preto da capital lucense e cedidas polo seu propietario Juan Fernández Vecino á Federación Galega de Caza, celebrábase a proba práctica deste curso de xuíces impartido polo xuíz Roberto Carlos Costa Tellado e polo Delegado de Rastro da FGC Nicolás Castro Rodríguez. Nesta xornada os aspirantes obtiveron coñecementos sobre todo o relativo a estas probas de rastro, metodoloxía de puntuación, marcaxe do rastro, etc.
Remataba o curso cun exame ao cal se enfrontaban tódolos aspirantes, resultando aptos os seguintes:
- Darío Andrade Expósito
- Emilio Bolaño Pampin
- Oscar Miguel Caamaño Parada
- Pablo Cambón Bertoa
- José Indalecio Castosa Corbelle
- José Martín Dopazo García
- Oscar Esparis Agra
- José Carlos Fernández Serantes
- Juan Fernández Vecino
- Manuel Fernández Vecino
- Cristian Fernández Abuín
- Yolanda Fontan Abelleira
- Álvaro Fontenla Crespo
- Marcos Fontenla Crespo
- Eduardo González Sobral
- José Antonio Mejuto Couto
- Francisco Rodeiro Eiras
- Emilio Romero Castro
- Salvador Sestelo Núñez
- Francisco Vázquez Laiño
- Sergio Vidal García
- Victor Vidueiros Núñez