Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ASEMBLEA XERAL
Os asembleístas da Federación Galega de Caza teñen mañá a súa principal cita anual
20/6/2014

De conformidade co establecido nos Estatutos da Federación Galega de Caza, o Presidente, Javier Nogueira, ven de convocar a tódolos asembleístas á vindeira asemblea xeral ordinaria, que terá lugar mañá sábado, día 21 de xuño, ás 10,00 h. en primeira convocatoria, e ás 10,30 h. en segunda convocatoria, no Salón de Actos da Secretaría Xeral para o Deporte, sito no Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 4, en Santiago de Compostela.

A orde do día será a seguinte:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
  2. Estudio e aprobación, se procede, das contas anuais correspondentes ao exercicio 2013 (Balance de Situación, Conta de Perdas e Ganancias, Liquidación de Orzamentos e Memoria explicativa do exercicio), e informe Auditoría.
  3. Aprobación, se procede, da Memoria de Actividades 2013.
  4. Aprobación, se procede, do Calendario e Normativa de Competicións 2014.
  5. Propostas dos Presidentes Provinciais conforme aos Estatutos da FGC.
  6. Informes varios de Presidencia.
  7. Rogos e Preguntas.

Recórdaselle a tódolos asembleístas que poden consultar e descargar toda esta documentación a través desta mesma páxina web, introducindo a clave que recibiron por correo postal na súa convocatoria.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

ASEMBLEA XERAL - CURSOS FORMACIÓN
02/12/2024
Unanimidade nos acordos da Asemblea Xeral e entrega dos Diplomas dos Cursos de Formación

MUTUASPORT - ARTEMISAN - RFEC
29/11/2024
Os cazadores federados invirten na defensa da caza e conservación das aves migratorias

AFECTADOS DANA
11/11/2024
Os cazadores españois doan 24.000€ aos afectados pola DANA

PROXECTO ARCEA
21/10/2024
Gran aportación dos cazadores galegos para o censo das arceas


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza