Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
SEMANA VERDE
Destacado papel da Federación Galega de Caza na primeira edición da FECAP
17/6/2014

Dende o pasado 12 ao 15 de xuño tivo lugar a I Feira de Caza, Pesca e Natureza (FECAP) enclavada dentro da Feira Internacional de Galicia. A diferenza con anos anteriores, Silleda tamén foi un punto de encontro para cazadores, pescadores e amantes das actividades no medio natural.

A Federación Galega de Caza presentábase en FECAP cun stand atendido ininterrompidamente por traballadores/as da institución, no que os cazadores e o público en xeral, puideron atopar toda a información sobre as actividades que desenrola a Federación así como os servizos que ofrece a cazadores e sociedades de caza federadas, a máis de atopar folletos, exemplares da revista Galicia Cinexética, roupa corporativa, etc. Destaca-la presenza de moita xente nova na busca de información pra iniciarse na actividade cinexética.

Pero o vínculo da FGC con FECAP quería chegar máis aló e non quedarse nun simple stand, e para elo abordou un número moi destacado de actividades que congregaron numeroso público, como a I Copa Federación de Agility, tiro con arco, exhibición de cetrería, colaborando coa I Feira de Cans de Caza, etc..

Como actividade estrela, o sábado 14 a FGC quixo facer coincidir o I Curso de Seguridade: formación de responsables de cacería coa FECAP. Inaugurado pola Directora Xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado e polo Director da Semana Verde, Ricardo Durán, así como polo Presidente da FGC de Pontevedra, Francisco Couselo, congregou arredor de 150 cazadores.  A calidade dos relatores xunto co interese mostrado por tódolos asistentes fixo que este primeiro curso fose todo un éxito e abra as portas dos seguintes que se espallarán por toda a xeografía galega. As mozas monteiras Mari e Silvia Díaz Fernández aportaron cos seus brillantes relatorios frescura e futuro cinexético mesturadas coa calidade e experiencia na materia da asesora xurídica Mª Teresa González Justo e do Tesoureiro da FGC e coordinador dos cursos de seguridade, Manuel Pérez Requejo. Rematou este I Curso de seguridade cunha mesa redonda composta por tódolos relatores máis un representante do SEPRONA e outro da Intervención de Armas,  moderada polo Presidente da FGC, no que os asistentes aclararon moitas dúbidas.

As actividades levadas a cabo na xornada dominical contaron ca presenza do Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete, a Directora Xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado e o Director da Semana Verde,  Ricardo Durán.

O extenso programa da FGC na FECAP completouse co Curso de Iniciación para Xuíces de Cans de Rastro de Coello e Xabaril, no cal asistiron mais de 30 futuros xuíces de tódolos puntos de Galicia.

No transcurso das catro xornadas que comprenderon esta I Feira de Caza, Pesca e Natureza a Federación estivo representada dende a inauguración á clausura con diferentes directivos, entre os que se atopaban o presidente da FGC de Pontevedra, Francisco Couselo e o presidente da FGC, Javier Nogueira.


 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

ASEMBLEA XERAL - CURSOS FORMACIÓN
02/12/2024
Unanimidade nos acordos da Asemblea Xeral e entrega dos Diplomas dos Cursos de Formación

MUTUASPORT - ARTEMISAN - RFEC
29/11/2024
Os cazadores federados invirten na defensa da caza e conservación das aves migratorias

AFECTADOS DANA
11/11/2024
Os cazadores españois doan 24.000€ aos afectados pola DANA

PROXECTO ARCEA
21/10/2024
Gran aportación dos cazadores galegos para o censo das arceas


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza