Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RASTRO XABARIL SALVAXE
O asturiano Manuel Garci acadou o primeiro posto en Ortigueira
4/6/2014

VI Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril Salvaxe sen Morte

O pasado 31 de maio disputouse nos concellos de Ortigueira, Cedeira e Mañón, a VI Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril sen Morte, organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña coa colaboración das Sociedades de Cazadores de Ortegal, Mañón e Cedeira.

Na proba participaron un total de 22 equipos con cadanseu lote de cans compostos por 6 cans e un ou dous condutores.  Os equipos participantes chegaron dende a veciña Asturias, Cantabria, Navarra e Galicia. Destacar o interese que esperta esta proba que con levo un enorme peso organizativo no que nesta edición interviñeron mais de 100 rastreadores que puxeron a disposición dos participantes 85 rastros de xabaril nas 25 manchas dispoñibles, descartando, como é lóxico, os rastros de femias de xabaril seguido das súas crías.

Os participantes dispuxeron dun pequeno tempo para facer un achegamento previo a trela ou no seu caso o desbotar ese rastro e empregar outro facilitado pola organización. Unha vez feito dita comprobación e achegamento, tería lugar a solta dos cans no que estes dispoñían de 2 horas para facer o achegamento, levante e persecución.

A proba foi todo un éxito e os 22 xuíces encargados de xulgar a proba, contabilizaron un sen fin de levantes de xabaril e avistamentos que fixeron as ledicias do numero público que seguiu o discorrer desta proba, mostra delo foron as mais de 30 persoas que se xuntaron para visualizar o lote do equipo campión.

Foi o lote do asturiano Manuel Garci acompañado dos condutores Gloria Guijarro e Javi Arizcuren o que acadaba o primeiro posto e se convertía no campión desta edición da Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril Salvaxe sen Morte. O lote do asturiano seguiuno o do galego José Manuel Costa Pérez en segunda posición e xa no terceiro posto situábase o participante cántabro Julio Ortiz Mato. Estes foron os tres lotes que conformaron o pódium desta sexta edición pero o resto da clasificación resultaba do seguinte xeito: 4º posición remataba Pablo Vázquez Candal, en 5º lugar Alfonso Jardón Quintana, en 6º Jorge Cid Salgado, en 7ª Marcos Rodríguez Carballeira, en 8º Luis Felipe Martínez Moyano en 9º Alejandro Ríos Campo e en 10ª posición José Agustín Cal López.

O grifón de nome “Zar” propiedade do galego Antonio Fernández Castro foi premiado como mellor can da proba e a cadela “Lis” do cántabro Felipe Martínez Moyano como segundo mellor can desta Copa.

Un xantar de irmandade con máis de 300 comensais entre participantes, xuíces, rastreadores, organización e autoridades puxo o punto e final a Ortigueira 2014 ao mesmo tempo que comezaban os traballos para Ortigueira 2015.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza