Probas puntuables para a Copa Galicia
O pasado sábado 17 de maio disputábase o Torneo Cidade de Narón nas modalidades de San Huberto e Rastro de Xabaril. Este campionato estivo organizado pola Sociedade de Caza e Pesca de Xubia e contou coa colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña.
Rastro de Xabaril
Na disciplina de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril participaron un total de 11 monteiros con 16 cans. A proba desenrolouse nuns campos moi homoxéneos que permitiron o goce de publico e participantes. Actuaron como xuíces José Moure Caneda e Marco Dios Rodríguez.
O campión da proba foi Antonio Sánchez Sexto con can “Tito” ao obter un total de 228 puntos. Sánchez Sexto repetía en segunda posición con “Lúa” e un total de 226 puntos. Era o monteiro pontevedrés Álvaro Fontenla Filgueira o que se facía coa terceira posición co seu can “Piñón 2” e un total de 222 puntos.
San Huberto
Ata un total de 27 deportistas se achegaron a Narón para gozar da proba de San Huberto Cidade de Narón. Unha proba que se desenrolou en 3 campos e que os dous mellores de cada campo disputaron o barrage final.
Foi o cazador Jorge Martín Sánchez o que acadou o primeiro posto co seu can de nome “Kan” e un total de 86. Antonio Fraga Temprano en segunda posición e Carlos Lalín Ferreiroa en terceira con 82 e 70 puntos respectivamente completaron este podio de San Huberto.