Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RRCC ARCO LUGO
Arqueiros en Lemos
7/5/2014

Campionato Provincial de Lugo de Percorridos de Caza con Arco

O pasado 4 de maio disputouse na localidade lucense de Monforte de Lemos o Campionato Provincial de Lugo de Percorridos de Caza con Arco. Foi o Campo de Tiro de As Lamas o que acolleu esta fase provincial clasificatorio para o autonómico da especialidade e que contou coa organización da Federación Galega de Caza en Lugo e contando coa inestimable colaboración da Sociedade Arcolemos.

Unha vez que se elaboraron as propostas dos diferentes percorridos, os 19 arqueiros participantes comezaron a competición na cal foron xulgados por Ángel Alonso Veloso, Óscar Arias Díaz, Antonio Rodríguez Iglesias e Jaime Villaverde Balado.

Rematada a proba, o Director da mesma, Antonio Rodríguez Somoza, deu a coñecer a clasificación final nas diferentes categorías:

En Arco Asistido os tres primeiros postos foron copados polos arqueiros da Sociedade Cazarco, sendo o campión Pedro Martínez Ángel con 164 puntos. Jaime Villaverde Balado acadou o subcampionato con 156 puntos. Con 148 e en terceira posición remataba Ángel Villaverde Balado. Ata o cuarto posto non atopabamos ao primeiro lucense que non foi outro que Óscar Airas Díaz converténdose no novo Campión Provincial da especialidade con 145.

En Arco Tradicional o campión era Abel López Lepiani de Cazarco con 68 puntos. En segunda posición e Campión Provincial era Antonio Rodríguez Iglesias de Arcolemos con 40 puntos. Tamén de Arcolemos era o terceiro clasificado, Iago Arias Lemos con 27 puntos.

En Damas Asisitido o primeiro posto era para a arqueira María Rodríguez Rodríguez con 132 puntos seguida en segunda posición de Andrea Sobral Barcía con 38 puntos.

Na categoría Junior, a Sociedade Arcolemos facíase cos tres primeiros postos do da clasificicación. Sergio Sobral Barcia era o Campión Provincial ao acadar 119 puntos e subir o máis alto do podio. Rubén Arias Lemos e Abel López Arias remataban en segunda e terceira posición con 91 e 65 puntos respectivamente.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor†proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar†gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara†proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza