Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril
O pasado sábado 26 de abril disputouse a fase provincial de Pontevedra de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril. Dita fase tivo lugar no Tecor da Sociedade de Cazadores de Santa Bárbara, unha fase que contou coa organización da Federación Galega de Caza e a colaboración de dita Sociedade de Cazadores.
Á proba acudiron un total de 33 cans conducidos por 22 monteiros que foron xulgados polos xuíces Roberto Carlos Costa Tellado e Honorato Martínez Couñago, sendo o Director da proba Nicolás Castro Rodríguez.
Remata a fase clasificatoria e a final, a clasificación deste campionato rematou como segue a continuación:
O primeiro clasificado e Campión Provincial foi Antonio Sánchez Sesto co seu grifón de nome “Tito” acadando unha puntuación total de 242 puntos. O segundo posto con 229,5 puntos foi para o monteiro Juan M. Cesar Paulos co grifón azul de nome “Manchos”. Xa en terceira posición remataba Salvador Sestelo Núñez co seu can “Clay” obtendo un total de 228,5 puntos.
A estes tres monteiros acompañaranos Álvaro Fontenla Filgueira, Generoso Aragundo Abalo, José E. Pérez do Camiño, Álvaro Fontenla Cresto, Manuel Fernández Vecino, Miguel A. Feijoo Crespo e Jacobo Rodríguez Estévez; conformando deste xeito a selección que representara a Pontevedra no vindeiro Campionato Galego da especialidade.