Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
SAN HUBERTO OURENSE
O campión provincial foi Andrés Sánchez
14/4/2014

Campionato Provincial de Ourense de Caza San Huberto

O pasado 12 de abril disputouse nos terreos do Tecor de Trasmiras o Campionato Provincial de Caza San Huberto de Ourense, organizado pola FGC en Ourense e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores Trasmiras.
Na proba, disputada en aberto, participaron un total de 8 cazadores que foron xulgados por Marcial Ramil Hermida. Resultando a clasificación final do seguinte xeito.

O primeiro posto foi para o cazador pontevedrés Juan José Canosa Vigo con “Charlie da Chousa” (PM) que obtivo un total de 75 puntos. O segundo posto foi para o ourensán Andrés Sánchez Fernández con “Roa de Bosende”(SIH) que con 71 puntos converteuse no novo campión provincial da especialidade. Ao terceiro caixón do podio con 67 puntos subía José Canosa Senlle con “Wily da Chousa”(SIM).

Os cazadores Andrés Sánchez Fernández, José Canosa Senlle, José Francisco Otero González e Castor Novoa Fernández formarán o equipo de Ourense que representará a esta provincia no vindeiro Campionato Galego da especialidade.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
14/04/2025
Manuel Piñeiro con “Zidane” gañador en Ferrolterra

PROVINCIAL CORUÑA PERCORRIDOS CAZA
07/04/2025
Antonio Iglesias proclamouse campión provincial de percorridos de caza

XABARIL KARSITA
07/04/2025
O monteiro Francisco Rodeiro acada o primeiro posto con “Pistolas” en Vilagarcía

XABARIL SALVAXE CODESEDA
01/04/2025
Rubén Gómez con “Sil” campións en Codeseda


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza