Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RRCC PONTEVEDRA
Daniel Cebreiro foi o gañador e Roberto Rodríguez o campión provincial
14/4/2014

Campionato Provincial de Percorridos de Caza de Pontevedra

Na xornada de onte 13 de abril, no Campo de Tiro Fronteiriñas, celebrouse unha edición máis da fase provincial de Pontevedra da disciplina de Percorridos de Caza; organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración da Clube de Tiro Fronteiriñas.

Á proba acudiron un total de 38 tirados, de diferentes provincias ao ser de carácter aberto, e foron xulgados polos árbitros Moisés Balboa Pereira, Rubén Boquete Varela, Cesar Tosar González e José Antonio Carrera Rodríguez.

Rematada a proba a clasificación nas diferentes categorías remataba así:
Na categoría Xeral Absoluta o gañador era Daniel Cebreiro García de A Coruña con 92 pratos escachados. Roberto Rodríguez Fernández de Pontevedra facíase co segundo posto con 89 pratos derribados e polo tanto converténdose no novo campión provincial da especialidade. Tamén de A Coruña, o tirador Antonio Iglesias Otero adxudicábase o terceiro posto con 88 pratos.

Na categoría de Veteranos Jaime Vilas Pereira con 81 pratos era o campión namentres que Edelmiro Castro Hermida acadaba o segundo posto con 80 pratos. Completaba o podio José Carlos Álvarez Pazo con 77 pratos.

E para rematar, Daniel Vicente Pintus era o campión Junior con 63 pratos escachados.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

AUTONÓMICO FIELD TARGET
15/07/2024
Os mellores tiradores de Field Target desputaron o Autonómico en As Pontes

PROBA COPA GALICIA RASTRO XABARIL
10/07/2024
Julio Ferradás con “Copi” gañadores en A Lama

SAN HUBERTO MANUEL REBORDELO
10/07/2024
Edelmiro Leira con “Nilo” gañadores nas Pontes

CAMPIONATO ESPAÑA RASTRO XABARIL
01/07/2024
Antonio Sánchez con “Chico” campións de España de Rastro de Xabaril


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza