Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
VISITA
Futuros coidadores do medio natural visitan a FGC para coñecer a súa actividade e a súa visión do monte e a caza
24/2/2014

Na mañá do pasado venres, a Federación Galega de Caza acollía na súa sede, no Estadio Multiusos de San Lázaro en Santiago de Compostela, a visita dun grupo de estudantes do Curso de Protección e Control do Medio Natural que se está impartir no centro de Formación San Paio do Monte, CIFP Santiago.

O motivo da visita era coñecer o funcionamento da Federación Galega de Caza, como entidade representante do colectivo cinexético galego, así como achegar o punto de vista dos cazadores a estes futuros vixiantes do medio natural.

A charla estivo conducida polo Presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, quen comezou dando un breve repaso ás actividades e funcionamento da Federación, para logo dar paso a unha rolda de preguntas onde os asistentes lle achegaron as súas dúbidas, inquedanzas e suxestións ao Presidente, algunha incluso dende un punto de vista diverxente coa actividade da caza. Un debate que desgraciadamente non se pode levar a cabo de cotío nun ambiente tan cordial e divulgador.

Qué tipo de caza defende a FGC, cal é o seu papel á hora de lexislar en materia cinexética, os cans de caza, a seguridade, a regulación dos Tecores, os menores de idade na caza, a motivación e a paixón que move a un cazador a ir ao monte, os colectivos anti-caza, a visión dos cazadores pola sociedade e outros tantos foron os temas que xurdiron ao longo da xornada.

Esta dualidade de opinións, que sen dúbida enriqueceu un debate dinámico e aberto, transcorreu ao longo dunha mañá na que tanto asistentes como o propio Presidente da FGC gozaron transmitindo o seu punto de vista, e que culminou cun acordo entre ambas partes para achegar unha proposta de formación en materia de protección do monte galego máis colaborativa entre os propios “vixiantes” e os cazadores, dous entes que deben colaborar e axudarse mutuamente.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

ASEMBLEA XERAL - CURSOS FORMACIÓN
02/12/2024
Unanimidade nos acordos da Asemblea Xeral e entrega dos Diplomas dos Cursos de Formación

MUTUASPORT - ARTEMISAN - RFEC
29/11/2024
Os cazadores federados invirten na defensa da caza e conservación das aves migratorias

AFECTADOS DANA
11/11/2024
Os cazadores españois doan 24.000€ aos afectados pola DANA

PROXECTO ARCEA
21/10/2024
Gran aportación dos cazadores galegos para o censo das arceas


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza