Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RAPOSO
O equipo lucense “San Xorxe” gañadores da I Supercopa Galega de Raposo
10/2/2014

I Supercopa Galega de Caza de Raposo desputada en Portomarín

O pasado sábado 8 de febreiro tivo lugar a celebración da I Supercopa Galega de Caza de Raposo, anteriormente Copa España, que se disputou na comarca de Portomarín, estando organizada pola Federación Galega de Caza e coa colaboración de un total de 18 Sociedades de Caza da zona.

Neste Supercopa tomaron saída un total de 52 cuadrillas de caza chegadas de diferentes puntos das catro provincias galega e que durante a maña tentaron dar caza ao raposo.

A xornada transcorreu sen imprevistos e o número de raposos avistados e capturados foi moi destacado apesares de estar a competición moi influenciada pola adversidade climática que asola Galicia nestes derradeiros días.

Foi o equipo lucense “San Xorxe” o que chegou o control con un total de 3 raposos machos, feito este que lle reportou o primeiro posto da clasificación xeral e os converteu nos Campións desta I Supercopa Galega de Caza de Raposo. Co mesmo número de raposos pero con 1 macho e 2 femias, situábase en segunda posición o equipo chegado da provincia de Pontevedra “Rías Baixas 1”. Xa en terceira posición, e por sorteo, situouse o equipo pontevedrés “Os Colegas” con dous raposos abatidos.

Unha vez pechado o control, cazadores, guías, xuíces, organización e autoridades gozaron dun xantar de irmandade no que se congregaron máis de 600 comensais. Entre as autoridades alí presentes atopábase o vicepresidente da FGC José Luis Valcárcel Yáñez, os presidentes provinciais da FGC de Lugo e Pontevedra, Francisco López Penelas e Francisco Couselo Castiñeira respectivamente, Ramón Rodríguez Cobas, delegado da competición de Raposo da FGC, o alcalde de Portomarín Juan Serrano e o representante da Subdelegación do Goberno en Lugo Roberto Raposo. Foi a entrega de premios a que puxo o punto e final a esta I Supercopa de Caza de Raposo e que dalgún xeito puxo o colofón a tempada de caza 2013/2014 en Galicia.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza