Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ARCEAS
O lucense Manuel Pérez gaña o autonómico de arceas en Ourense
2/12/2013

Baixo a organización da Federación Galega, que contou coa colaboración da Federación Galega de Caza de Ourense e maila da Sociedade anfitrioa, o pasado sábado (30 de novembro), nunha mañá moi fría, con gran ambiente e exquisita deportividade, disputábase no magnifico Tecor de Os Blancos (Ourense) a XVIII Final do Campionato Galego de Caza de Arcea.

O exercicio comezou  ás 9 da mañá para rematar ás 3 da tarde e a cita acudiron os  21 mellores cazadores da modalidade previamente clasificados nos respectivos “provinciais”, mailo campión da pasada edición. Un total de 22 deportistas que nas seis horas de exercicio levantaron 27 arceas, efectuaron 14 disparos e capturaron 8 exemplares.

O lucense Manuel Pérez López (Sociedade O Saviñao), e os ourensán Xosé Carlos Otero Pérez (Sociedade Pena Maior de Piñor) e Artemio Formoso Barrio (Sociedade San Trocado-Cidade), os tres con un par de arceas no seu haber cada un, foron os que subiron o podio dos campións. Clasificación que se decidiu pola orde de entrada no posto de avituallamento e control. Seguíronlles en méritos o coruñés Ramiro Lamas Vilanova (Tordoia) e o pontevedrés Gustavo Alonso Rodríguez. (Gondomarense), con un exemplar cazado, respectivamente, cada un.

Un xantar de confraternidade, a entrega de trofeos e a proclamación dos campións,  puxo o punto de remate a un evento autonómico no que todo saíu a pedir de boca, sendo felicitada reiteradamente a organización polo bo facer  e moi celebrado o escenario escollido a tal fin. O Presidente Galego, Nogueira Diz, presidiu tódolos actos programados, estando acompañado polo seu homónimo en Ourense, Antonio García Reinoso, así como polo responsable do tecor, Alfonso García  Rodríguez, ademais de outros federativos e directivos sociais.

 

GALERIA DE FOTOS:

XVIII Campionato Galego de Caza de Arceas

GALERIA DE FOTOS:

  • galegoarceas2013 01
  • galegoarceas2013 05
  • galegoarceas2013 08
  • galegoarceas2013 02
  • galegoarceas2013 03
  • galegoarceas2013 09
  • galegoarceas2013 10
  • galegoarceas2013 06
  • galegoarceas2013 07
  • galegoarceas2013 04
Creado con UberGallery
 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA MENOR
30/10/2024
Clasificados para o Autonómico de Caza Menor con Can

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CETRARÍA
29/10/2024
Os mellores cetreiros na Terra Chá


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza