Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ADMINISTRACIÓN
O persoal da FGC ponse ao día con Mutuasport e estuda o novo plan de licenzas de emisora
29/11/2013

O equipo completo de traballadores da FGC reuníase este mércores na sede central da Federación Galega de Caza, en Santiago de Compostela, para unha posta ao día e debate de varios temas importantes no funcionamento administrativo da Federación.

A xornada de traballo comezaba as 9.30h da mañá, cunha charla impartida por Javier Vergés, Xerente da mutua de seguros Mutuasport, e por Javier Fernández, Xefe do Departamento de Sinistros de Mutuasport. Ambos responsables achegábanse á FGC para profundizar nos detalles das novas coberturas incorporadas pola aseguradora o pasado 1 de outubro, e que veñen a ampliar en grande medida as que se viñan ofrecendo aos federados durante os últimos anos, para adaptarse ás novas esixencias e demandas dos cazadores.

A xuntanza tamén contou coa presenza do Presidente da FGC, Javier Nogueira, así como de Francisco Couselo e Antonio Reinoso, Presidentes Provinciais de Pontevedra e Ourense respectivamente. Entre todos, directivos, responsables de Mutuasport e traballadores, fíxose un exhaustivo repaso de tódalas coberturas actualizadas, resolvendo as dúbidas formuladas, así como do novo protocolo de xestión de sinistros, que sen dúbida mellorará significativamente o servizo aos cazadores ao axilizar e facilitar certos trámites.

Tras o correspondente descanso para o almorzo, persoal e directivos presentes xuntábanse de novo para analizar e establecer un plan de traballo á hora de implantar no vindeiro ano un plan para que as licenzas de emisora sexan válidas en todo o territorio galego, en lugar de tratarse de autorizacións provinciais. A conclusión é positiva e fixéronse grandes avances neste sentido, polo que cabe esperar que o vindeiro ano os cazadores galegos poidan empregar as súas emisoras en toda a comunidade.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

ASEMBLEA XERAL - CURSOS FORMACIÓN
02/12/2024
Unanimidade nos acordos da Asemblea Xeral e entrega dos Diplomas dos Cursos de Formación

MUTUASPORT - ARTEMISAN - RFEC
29/11/2024
Os cazadores federados invirten na defensa da caza e conservación das aves migratorias

AFECTADOS DANA
11/11/2024
Os cazadores españois doan 24.000€ aos afectados pola DANA

PROXECTO ARCEA
21/10/2024
Gran aportación dos cazadores galegos para o censo das arceas


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza