XXVII Campionato Galego de Caza Menor con Can
O pasado 9 de novembro celebrouse un dos campionatos de maior arraigo da Federación Galega de Caza. No concello coruñés de Rois tiña lugar a xa XXVII edición do Campionato Galego de Caza Menor con Can organizado pola FGC en colaboración coa Sociedade de Cazadores de Rois.
A meteoroloxía non quixo sumarse a esta destacada cita na que, sen dúbida, a intensa choiva marcou o desenrolo da mesma. Choiva, chuvia e máis chuvia durante todo o transcurso da competición fixo que, os diferentes participantes clasificados nas súas respectivas fases provinciais máis o campión da edición anterior, se encontrasen con moitas dificultades á hora de atopar caza.
Foi o cazador Artemio Formoso Barro o que acadou abater unha arcea, e a vista de cómo se estaba a desenrolar o campionato, decidiu facer a súa entrada en control tan pronto lle foi permitido pola normativa. Á postre esta arcea permitiulle obter 500 puntos e proclamarse Campión Galego de Caza Menor con Can. En segunda posición remataba o cazador Iván Moure González con 350 puntos grazas ao coello que entregou en control.
Para coñecer o terceiro posto fixo preciso a realización dun sorte no que David Millán Ucha, anterior campión galego da especialidade, obtivo o terceiro posto da clasificación xeral.
Estes tres primeiros cazadores son os clasificados para disputar a semifinal do Campionato de España de Caza Menor con Can.
Un xantar de irmandade e a entrega de premios por parte das autoridades alí presentes, puxo o punto e final a esta XXVII edición do Campionato Autonómico de Caza Menor con Can.