Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CETRARÍA
Boubeta Bermúdez en Baixo Voo e López Penas en Sky Trial foron os Campións Galegos en Xinzo de Limia
5/11/2013

XII Campionato Galego de Cetrería e V Copa Pequenas Aves

O pasado 25, 26 e 27 de outubro desputouse o XII Campionato Galego de Cetrería na localidade ourensá de Xinzo de Limia. Un campionato organizado pola Federación Galega de Caza e a Asociación Galega de Cetrería, contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia.

Sky Trial

Na modalidade de Sky Trial participaron un total de 8 cetreiros, unha proba desputada en aberto e na que resultaba gañador Oscar López Penas con 255 puntos. Con 214 puntos remataba en segunda posición José Antonio Gollano González. Francisco González García subía ao terceiro posto da clasificación final con 124 puntos.

Sumados todos os puntos, o novo Campión Galego do ano 2013 era Oscar López Penas, o subcampionato recaía en Francisco González García e o terceiro posto do podio era para Roberto Fagundez Argote.

Baixo Voo

Na modalidade de Baixo Voo déronse cita un total de 28 aves, divididas en 15 Azores e 13 Harris.

En Azores o primeiro posto era para César Paule Bayo con 164 puntos. A tan so un punto, con 163, remataba José Antonio Boubeta Bermúdez e Rubén García García tíñase que conformar coa terceira posición con 161 puntos.

En Harris o campión da proba era Víctor Manuel Pérez con 135 puntos. Manuel Pedreira Ferreño con 120 puntos era o subcampión namentres que Eduardo Figueiroa Fernández alzábase coa terceira posición con 119 puntos.

A clasificación xeral do Campionato Galego de Baixo Voo otorgaba o título de Campión Galego 2013 a José Antonio Boubeta Bermúdez. Sergio López Piñeiro era o subcampión galego namentres que a medalla de bronce era para Manuel Comesaña Rodríguez.

V Copa Pequenas Aves

Ata 5 pequenas aves concurriron na Copa que nesta edición era gañada por Evaristo González Rodino con 53 puntos. Con 41 puntos o segundo clasificado era Antonio Paz Millán e xa en terceira posición finalizaba Carlos Area con 34 puntos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA MENOR
30/10/2024
Clasificados para o Autonómico de Caza Menor con Can

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CETRARÍA
29/10/2024
Os mellores cetreiros na Terra Chá

PROVINCIAL PONTEVEDRA CAZA MENOR
29/10/2024
Ramón Carballido con “Mouro” gañador do provincial pontevedrés de caza menor


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza