O suceso acontecido a pasada fin de semana na nosa comunidade, onde un cazador de 17 anos resultaba falecido por culpa dunha bala rebotada, brutalmente tráxico e entristecedor para o mundo da caza, non debe ensombrecer a imaxe dunha actividade que é a todas luces segura.
A caza é unha actividade que principalmente se practica con armas de fogo, o que condiciona que cando se produce un sinistro ou un dano, este poida ser de grande transcendencia. Mais esta característica non implica que este sexa un deporte inseguro ou perigoso, nin para quenes o practican nin para quenes conviven cos cazadores cada fin de semana. Tendo en conta que son máis de 50.000 cazadores os que cada semana saen ao monte coas súas armas por todo o territorio galego, polo que a caza amósase como unha actividade estatisticamente con moi pouca sinistralidade se a comparamos con outras con moitos menos practicantes.
Por poñer un exemplo, os accidentes de circulación, unha das causas máis comúns de mortes en España, veñen de causar nos últimos anos unha media de case un cento de mortes de ciclistas debido a atropelos. Ao igual que na caza, tanto os que practican esta actividade como os que conviven con ela, deben poñer da súa parte para evitar na medida do posible os accidentes.
O fatal suceso que tivo lugar en Ribas do Miño (Lugo) foi froito dunha cruel casualidade, unha situación impredecible e inevitable a pesar das precaucións tomadas polos implicados que é factible tanto na caza como en calquera outra actividade. A idade do falecido, menor de 18 anos, non mantén ningunha relación co feito, e non é mais que unha fatal coincidencia que sen dúbida fixo transcender e impactar máis como noticia para a sociedade, pero que non serve como argumentación nin valor para contradicir o feito de que a caza pode ser practicada por cazadores mozos, sempre baixo a responsabilidade e vixilancia dun adulto, e que lonxe de ser perigosa é fundamental para o adestramento e formación cinexética dos novos cazadores.
Ao igual que con 14 anos un mozo pode conducir un ciclomotor por estradas e cidades e circular polo mesmo espazo que outro tipo de vehículos, outro mozo da mesma idade –aínda que en Galicia a limitación agora mesmo é de 16 anos- é perfectamente capaz de acudir ao monte baixo a tutela dun adulto e practicar a caza –con ou sen armas de fogo- coa mesma seguridade e tranquilidade que calquera outro cazador. Isto non só non é nada perigoso, senón ao contrario beneficioso para concienciar aos máis xovenes da responsabilidade que conleva practicar un deporte como a caza e tomar contacto ca natureza.
Toda actividade require dunha responsabilidade, especialmente cando esa actividade, pola sua natureza e características específicas, pode conlevar un risco para quen a practica ou para quen o rodea, máis un feito illado, casual e estatisticamente improbable non pode levar á condena dunha actividade que ven de amosar durante anos e anos de existencia que é máis segura que moitas outras con mellor prensa e imaxe.