Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
SEGUROS
Mutuasport renova a súa oferta de seguros cunha escalada nas súas coberturas e servizos
13/9/2013

A Mutua dos Cazadores, Mutuasport, a aseguradora creada en exclusiva por e para os cazadores, ven de darlle unha completa renovación á súa oferta de seguros, ampliando as súas coberturas e mellorando os seus servizos para reforzar a súa posición de vangarda dentro dos seguros para os cazadores de toda España.

Os seus produtos N, Q, R e S, que incorporan ao valor da licenza federativa o seguro de responsabilidade civil do cazador, sufriron unha completa revisión para dar cabida ás necesidades, esixencias e necesidades que os cazadores veñen achegando nos últimos tempos, por suposto entre eles os cazadores galegos a través da Federación Galega de Caza.

A cobertura de danos propios, que xa contaba actualmente coa mellor oferta posible neste campo, destaca o aumento do capital asegurado ata os 42.100€ en tódalas garantías, así como os gastos sanitarios ilimitados en tódolos casos. A ampliación da cobertura a 24 meses dende o accidente, dos danos ás armas ata 300€, do capital por auxilio ao falecido ata 3.100€ ou dos gastos de próteses ou ortopédicos ata o 70% do PVP son outros dos cambios destacables.

A defensa xurídica inclúese agora tamén nos produtos R e N, e segue sendo ilimitada en caso de ser designada por Mutuasport ,  aumentándose o seu capital ata os 6.000€ en caso de ser designada polo asegurado.

No apartado da Responsabilidade Civil é onde Mutuasport ven de dar un golpe de efecto, ao mellorar os capitais dos seguros voluntarios de tódalas modalidades ata máis do triplo en moitos casos, destacando a cobertura do seguro tipo S, o máis alto, que agora alcanza os 600.000€, todos eles a sumar aos 90.151,82€ do capital obrigatorio por lei.

Sen dúbida a cobertura estrela incorporada a tódolos produtos Mutuasport, e que ven a solventar unha das grandes problemáticas dos cazadores – especialmente dos de caza maior- , é a responsabilidade civil dos cans de caza. Agora inclúese a responsabilidade civil dos cans perdidos ou extraviados durante 30 días, sempre que se declare a súa perda antes de 48 horas.

Cabe destacar tamén a inclusión, en tódalas modalidades de seguros, da cobertura de RC das aves de cetraría na acción de cazar e o aumento do RC do pescador ata os 90.000€.

Para os propietarios de cans máis esixentes, que optan polo anexo de cans para dar unha cobertura do seu RC durante todo o ano, cabe destacar a ampliación do capital ata os 200.000€ anuais, sen límite por can.

Pero sen dúbida o máis importante para o cazador é que todas estas melloras, que entrarán en vigor o 1 de outubro, non supoñerán ningún aumento no prezo do seguro, e terán un carácter retroactivo que as incorporará a todos aqueles seguros que estean en vigor.

En Mutuasport quen toman decisións son os cazadores, os seguros e accidentes analízanse dende o punto de vista dos cazadores, e a linguaxe que se fala é a nosa, a dos cazadores. Mutuasport é de tódolos cazadores e só traballa por e para eles, por iso, nun esforzo sen precedentes, está a reforzar a súa posición vangardista no mercado de seguros cinexéticos e amosar que esta entidade que é un dos maiores patrimonios dos cazadores.

Ti, como cazador, só tes que preocuparte de cazar, e Mutuasport encargarase da túa seguridade.


Presentación melloras seguros Mutuasport 2013

Informe completo melloras Mutuasport 2013

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

ASEMBLEA XERAL - CURSOS FORMACIÓN
02/12/2024
Unanimidade nos acordos da Asemblea Xeral e entrega dos Diplomas dos Cursos de Formación

MUTUASPORT - ARTEMISAN - RFEC
29/11/2024
Os cazadores federados invirten na defensa da caza e conservación das aves migratorias

AFECTADOS DANA
11/11/2024
Os cazadores españois doan 24.000€ aos afectados pola DANA

PROXECTO ARCEA
21/10/2024
Gran aportación dos cazadores galegos para o censo das arceas


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza