Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
INDIGNACIÓN
O colectivo de cazadores galegos, indignado ante as últimas novas sobre incendios
28/8/2013

Ante a publicación na prensa de hoxe, de titulares que apuntan a colectivos como os cazadores e os agricultores como posibles culpables do incendio ocorrido o pasado luns nos concellos pontevedreses de Oia e O Rosal, a Federación Galega de Caza quere transmitir o seguinte:

  • Non é admisible culpabilizar con tal facilidade, e máis cando non hai bases fundadas, a ningunha persoa e menos a ningún colectivo dunha acción tan desprezable como a provocación dun incendio, xeneralizando e desprestixiando a un enorme grupo de persoas pola posible acción dun individual ou grupo illado de persoas, que non ten por qué representar a ninguén.
  • A caza, e polo tanto os cazadores, é un dos colectivos máis prexudicados polos incendios forestais, non obtendo ningún tipo de beneficio nin a medio nin largo prazo por tal acción. Polo contrario, nos montes queimados non é posible cazar durante 3 anos, segundo establece o art. 44 da Lei 3/2007 de Incendios de Galicia, modificado pola Lei 7/12, de 28 de xuño, de Montes de Galicia. Aparte da perda que supón para os cazadores, como amantes da natureza que son, e como a calquera outra persoa, a perda dun espazo natural.
  • A Federación Galega de Caza, en concordancia co seu compromiso absoluto pola conservación dos montes galegos, ten firmado este mesmo ano un convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural, para a extinción e prevención de incendios forestais. Mediante este convenio a FGC comprométese a informar e formar aos cazadores galegos sobre as distintas medidas preventivas contra os lumes, e informar á Consellería de calquera situación que puidese ser relevante con tal fin.

A FGC, como representante do colectivo cinexético en Galicia, quere manifestar polo tanto o seu malestar ante o mal enfoque que, ben dende os medios de comunicación, ou ben dende os propios responsables das investigacións se está a dar a esta situación, culpabilizando sen motivo a un colectivo que non só é un dos grandes damnificados polos lumes senón un dos grandes comprometidos por evitalos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

ASEMBLEA XERAL - CURSOS FORMACIÓN
02/12/2024
Unanimidade nos acordos da Asemblea Xeral e entrega dos Diplomas dos Cursos de Formación

MUTUASPORT - ARTEMISAN - RFEC
29/11/2024
Os cazadores federados invirten na defensa da caza e conservación das aves migratorias

AFECTADOS DANA
11/11/2024
Os cazadores españois doan 24.000€ aos afectados pola DANA

PROXECTO ARCEA
21/10/2024
Gran aportación dos cazadores galegos para o censo das arceas


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza