Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GALEGO ARCO
Os mellores arqueiros galegos déronse cita en Mondariz
27/8/2013

XIV Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco e Caza con Arco o Voo

O pasado 25 de agosto disputouse no concello pontevedrés de Mondariz a fase final do Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco e Caza con Arco o Voo organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración da Sociedade de Caza “A Mondarizana”

Á proba acudiron un total de 45 arqueiros chegados e clasificados nos seus diferentes campionatos provincias. O bo tempo e a boa organización da proba fixo que esta resultase do máis atractiva tanto para os amantes desta disciplina como para o público alí presente.

Percorridos de Caza con Arco
Na categoría de Asistido, unha vez máis, facíase co título autonómico o arqueiro Jaime Villaverde Balado, seguido en segunda posición por Pedro J. Martínez Ángel. Xosé Manuel Pousada Sobral remataba en terceira posición.

En Tradicional o primeiro posto recaía en Oscar Novas Seijas acadando así o título de Campión Galego. Abel López Lepiani e Manuel Martínez Pérez situábanse en segunda e terceira posición respectivamente.

Na categoría de Damas Asistido o primeiro posto era para a arqueira María Rodríguez Rodríguez. Dolores Bugarín Codeseda acada o segundo posto e Iratxe Guillen Bouzas compretaba o podio en terceira posición.

En Damas Tradicional Sonia María Ribeiro era a campiona e Inmaculada Santamaría facíase co subcampionato. Irene Sandra Padin víase relegada aun máis que meritorio terceiro posto.

Na categoría Infantil a xoven arqueira Laura Novas Riveiro era a campiona desta edición. Rebeca Villaverde Bugarín e Sergio Sobral Barcía acadaban un sobresaínte segundo e terceiro posto neste autonómico.

CAZA CON ARCO O VOO
Na disciplina de Arco o Voo o primeiro posto foi para a parella composta por Jaime Villaverde e Pedro J. Martínez co can “Pol”, converténdose deste xeito nos Campións Galegos da especialidade. Miguel Gómez e Juan Bandeira con “Pluma” acadaban un meritorio segundo posto superando a Iratxe Guillen e Ángel Villaverde con “Lor” que remataban en terceira posición.



 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA ARCEA
23/12/2024
Iván Ramos coa setter “Sira” acada o título autonómico de caza de arceas

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza