No dia de onte a Xunta de Galicia publicaba o decreto polo que se dispoñía o cese do ata agora Director Xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón. Ao mesmo tempo nomeábase o seu sustituto, sendo neste caso Verónica Tellado Barcia.
Tellado Barcia ven de ostentar o cargo de Subdirectora Xeral de Resíduos e Solos Contaminados da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, así como varios postos de xefa de servizo, como o de Intervención de Mercados do Fondo Galego de Garantía Agraria da Consellería do Medio Rural e do Mar.
O Presidente da Federación Galega de Caza, en nome da sua xunta directiva, deséxalle á nova Directora Xeral de Conservación da Natureza unha exitosa andanza neste novo posto que tanta relación garda coa Federación, agardando manter unha pronta xuntanza para intercambiar inquedanzas e posturas naqueles eidos que afectan e preocupan aos cazadores galegos. Ao mesmo tempo, quere agradecerlle ao Director saínte, Ricardo García Borregón, a súa traxectoria e actitude positiva ante a caza e os cazadores galegos, e desexarlle un frutífero futuro nos seus vindeiros proxectos e responsabilidades.