Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAN DE OURO
Carlos Casas en Rastro de Coello e Antonio Sánchez en Xabaril, foron os gañadores en Mazaricos
18/6/2013

Proba “III Can de Ouro Costa da Morte” para Cans de Rastro de Coello e Rastro de Xabaril

O pasado 15 de xuño disputábase na Sociedade de Cazadores de Mazaricos dúas probas para Cans de Rastro organizadas pola Asociación dos Amigos dos Cans de Caza coa colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña e dita Sociedade de Cazadores.

En Rastro de Coello participaron un total de 19 lotes sendo xulgados por José Antonio Montoiro González, José María Álvarez Villar, José Moure Caneda e Jesús Seoane Sardá.

A proba desenrolouse en catro campos e foi o lote propiedade de Carlos Casas Cambón o que se situou no máis alta da clasificación con 582 puntos acadados cos cans “Tula”, “Sam”, “Eros” e “Era”. O lote formado por “Pistón”, “Tor”, “Linda” e “Laica” propiedade de Jaime López Castro acadaba o subcampionato con 518 puntos. Marcelo Arosa Dasilva con “Mica”, “Usa”, “Lira” e “Lar” quedaba relegado a terceira posición da clasificación xeral con 500 puntos.

O can “Eros” propiedade de Carlos Casas Cambón foi nomeado como mellor can da proba con 152 puntos.

Nesta mesma xornada, os terreos deste Tecor tamén acolleron a proba de Rastro de Xabaril para Cans Atrelados que tamén contou cun total de 19 monteiros que foron xulgados por Alejandro González González e Mario Dios Rodríguez.

Os terreos foron catalogados como moi óptimos para o desenrolo deste tipo de probas. Unha proba que se adxudicou Antonio Sánchez Sesto coa súa cadela “Lúa” e un total de 229 puntos. En segunda posición rematou Francisco Rodeiro Eiras con “Lula” e 221 puntos. Completou o podio Manuel Vecino Fernández co can “Ole” e 207 puntos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza