V Proba de Rastro de Aprazamento a Traela sobre Xabaril Salvaxe
O pasado 27 de abril disputábase na provincia de Pontevedra unha edición máis da Proba Social de Rastro Aprazamento a Traela Xabaril Salvaxe organizado pola Sociedade de Caza de Pazos de Borbén e contando coa inestimable colaboración da Federación Galega de Caza en Pontevedra e as Sociedade de Caza de A Fornelense, Traspielas, Gargamala, Mondarizana, A Peneda e Ribadetea-Padróns.
A proba contou cunha participación de 24 equipos compostos por tres monteiros con cadanseu can, chegados das catro provincias da nosa comunidade.
O equipo lucense composto por Juan A. Nogueira Fernández, Iván Fernández Fernández e Juan Carlos López López foi o equipo que resultou campión da proba ao realizar o seu emprace con éxito ás 8:16 horas. O segundo posto acadouno o equipo formado por Martín Dopazo García, Antonio Dopazo Iglesias e Javier Dopazo García, realizando o emprace ás 8:35 horas. O terceiro posto recaeu nos monteiros Andrea Cores Cancela, Alberto Pereira Salgado e Abel Zorro González, equipo que realizou con éxito o seu emprace ás 9:00 horas.