Campionato Provincial de Ourense de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril
O pasado 11 de maio disputouse en Esgos, no Tecor da Sociedade de Cazadores de “Xungos”, o Campionato Provincial de Ourense de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril, organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense e contando coa colaboración de dito Tecor.
Nesta edición déronse cita un total de 10 monteiros con 14 cans. A proba estivo xulgada polo xuíz Manuel J. Vázquez Mosquera.
O campión da proba foi o pontevedrés Salvador Sestelo Núñez co can de nome “Clai” obtendo unha puntuación de 225 puntos. O monteiro chegado de Lugo, Manuel Fernández Vecino, adxudicábase a segunda posición con “Ole” e un total de 199 puntos. O terceiro posto, e a postre o Campión Provincial, foi para o participante Jesús Ares Lorenzo Fernández con “Tito” e 192 puntos.
Os monteiros Jesús Ares Lorenzo, Alfonso Collazo Pasín e Javier Carballo Fernández representarán á provincia de Ourense no vindeiro Campionato Galego da modalidade.