Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GALEGO COMPAK
O primeiro posto foi para o pontevedrés Martín Baqueiro
2/5/2013

Campionato Galego de Compak Sporting en Río Sar

O pasado 28 de abril disputábase nas instalacións do Campo de Tiro Río Sar, unha edición máis do Campionato Galego de Compak Sporting organizado pola Federación Galega de Caza coa colaboración da Sociedade Deportiva Río Sar.

A proba estivo marcada polo intenso frío e vento que engadiu unha maior dose de complexidade o campionato. As baixas temperaturas fixeron que os tiradores non estivesen cómodos nos seus postos de tiro e o vento facía variar de xeito impredecible a traxectoria dos voos dos pratos.

Un total de 51 tiradores se deron cita nesta fase autonómica, inscritos a través dos seus campionatos provinciais e por inscrición libre; os cales se enfrontaron a un total de 150 pratos.

A loita polo primeiro posto estivo moi reñida entre tres tiradores, Martín Baqueiro, Roberto Rodríguez e Daniel Cebreiro. Unha disputa chea de emoción ata os voos dos derradeiros pratos que sobrevoaron Río Sar, nos cales o pontevedrés Martín Baqueiro Villafines alzouse ao máis alto da clasificación con 130 pratos escachados, converténdose deste xeito no novo Campión Galego. A tan so 1 prato, o subcampionato tamén se desprazaba a terras da provincia de Pontevedra da man do tirador Roberto Rodríguez Fernández con 129 pratos. O pódium foi completado por Daniel Cebreiro García, representante da provincia de A Coruña o cal con 128 pratos escachados era o terceiro clasificado.

Na categoría de Handisport a vitoria era para Artemio Formoso Barro con 117 pratos. En veteranos o primeiro posto recaía en José Luís Saavedra Barcia con 107 pratos escachados namentres que en superveteranos o primeiro posto ocupábao o tirador Ángel Mosquera Rodríguez con 104 pratos. Xa por último, Daniel Vicente Pintus, en xuveniles, facíase co primeiro posto ao escachar un total de 78 pratos.

Unha vez rematada a proba, tivo lugar a entrega de premios na que interveu o presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, o Delegado de Compak da FGC, Antonio Toxa, e a directiva da Sociedade Deportiva Río Sar.

A selección galega quedou formada por Martín Baqueiro Villafines, Roberto Rodríguez Fernández, Daniel Cebreiro García, Artemio Formoso Barro e Jose Luis Saavedra Barcia.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAMPIONATO XUNTA GALICIA ARCEAS
16/12/2024
O Autonómico de Caza de Arceas decidirase en Antas de Ulla

PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
16/12/2024
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza