O pasado 14 de abril, tivo lugar no Campo de Tiro “Eido Dalbo”, sito na localidade pontevedresa de Xinzo (Ponteareas), unha edición máis do Campionato Provincial de Pontevedra de Compak Sporting organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración da Sociedade “Club de Tiro Eido Dalbo”.
O campionato foi disputado a un total de 100 pratos aos que se enfrontaron un total de 41 tiradores inscritos. Sendo xulgados por Moises Pereira Balboa e Cesar Tosar Martínez. Ambos árbitros, unha vez reunidos, deron a coñecer a clasificación final, resultando do seguinte xeito.
O tirador Daniel Cebreiro García, chegado da provincia de A Coruña, foi o que se impuxo no máis alto da clasificación con 85 pratos escachados. O subcampión da proba, o tirador pontevedrés José M. Da Silva Fernández converteuse, con 84 pratos, no Campión Provincial, non sen esforzo, xa que se fixo preciso realizar unha rolda de desempate con Martín Baqueiro Villafines, quen con tamén 84 pratos se convertía no terceiro clasificado.
Na categoría de veteranos o primeiro posto era para Edelmiro Castro Hermida con 76 pratos, namentres que en superveteranos o gañador era José Costas Iglesias con 49 pratos. En xuveniles o primeiro posto era para Daniel Domínguez Pintus con 53 pratos derribados.