Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
XUNTANZA
O anteproxecto da Lei de Caza, protagonista da asemblea do vindeiro sábado
10/4/2013

Antes da celebración da asemblea xeral, que terá lugar o vindeiro sábado, na porta 4 do Estadio Multiusos de San Lázaro, en Santiago, onte reuníanse, como é preceptivo estatutariamente, a xunta directiva e a comisión delegada que daban luz verde ao informe económico e de xestión do pasado exercicio.

A implantación da licenza federativa autonómica para a próxima tempada foi outra das cuestións que contou co respaldo unánime de ámbolos dous órganos, pero a atención principal estivo novamente marcada polo Anteproxecto da Lei de Caza; o presidente informaba que despois de reunirse co Conselleiro de Medio Ambiente, coa Portavoz Parlamentaria da área de medio ambiente do PSdeG, e co Director Xeral de Conservación, -sen compromiso algún por parte dos responsables institucionais respecto das achegas realizadas pola FGC-  vense de solicitar unha nova entrevista ao Conselleiro unha vez coñecido o ditame do Consello Económico e Social. A asemblea do vindeiro sábado marcará a folla de ruta que seguirán os cazadores galegos no caso de non verse reflectidas as achegas do colectivo.

Por outra parte, o presidente dos cazadores reuníase tamén onte co Director Xeral de Semana Verde de Galicia, quen lle pedía a colaboración da entidade federativa para organizar diferentes actividades deportivo-cinexéticas durante a  próxima edición da Feira Internacional, pola súa parte o presidente dos cazadores comprometeuse a estuda-lo proxecto e colaborar nalgunha das iniciativas.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

RULA
05/03/2025
Europa confirma que España cumpre os requisitos para cazar a rula de forma sostible na tempada 2025/26

MANIFESTO XUNTA GALICIA
02/03/2025
Manifesto institucional da Xunta de Galicia en contra da violencia no Deporte

OBSERVATORIO CINEXÉTICO
26/02/2025
Cazador e tempo de traballar pola caza! súmate á campaña de censos do Observatorio Cinexético

FORMACIÓN
24/02/2025
Xornada de Cans de Caza


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza