Campionato Provincial de A Coruña de Compak Sporting
O pasado domingo 7 de abril, disputouse o Campionato Provincial de A Coruña de Compak Sporting no Campo de Tiro Río Sar, organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña e contando coa colaboración da Sociedade Deportiva Río Sar.
Á proba acudiron un total de 34 tiradores que tentaron escachar o maior número de pratos posibles dos 100 aos que se enfrontaron durante toda a xornada e en diferentes campos. A proba estivo marcada pola climatoloxía, na que o frío fixo presenza dificultando a perecía dos tiradores.
Foi Ángel Mosquera Cornide o que se impuxo na clasificación final con 88 pratos derribados, non sen ter que realizar un desempate co tirador Daniel Cebreiro García que co mesmo número de pratos escachados que acadou o segundo posto da clasificación final ao ser superado no desempate por Ángel Mosquera. O terceiro posto recaeu en Antonio Iglesias Otero con 84 pratos escachados.
Na categoría de veteranos o tirador Emilio José López Mosquera con 75 pratos escachados foi o que acadou o primeiro posto, namentres que na categoría de superveteranos facía o mesmo o participante Ángel Mosquera Rodríguez con 68 pratos derribados.
Na categoría de Handisport o gañador era Artemio Formoso Barro con 75 pratos escachados.